mércores, 22 de novembro de 2017

Día Mundial do Patrimonio. O exemplo da Fonte de San Miguel

.
Francisco Calvin, Secretario da Directiva,
na entrada da fonte de San Miguel


O pasado día 16 de novembro celebrouse o Día Mundial do Patrimonio (máis exactamente Día Internacional del Patrimonio Mundial da UNESCO).



Con tal motivo, unha rede cultural recentemente constituída en Galicia, a Rede do Patrimonio Cultural, tratou de coordinar os esforzos de moitas asociacións por toda Galicia, informando das 30 actividades organizadas durante esa semana por 26 das asociacións integradas nesa rede. Unha iniciativa que debe ser louvada.
Aínda que TERRAS DO ORTEGAL non forma parte desta nova rede -algo no que haberá que pensar-, paréceunos oportuno tratar de unirnos a este esforzo combinado.


Boca da fonte de San Miguel



Trátase dunha construcción sinxela, formada por un arco de granito, duns 50 cm de largo e outros tantos de altura. Dada a estreitura da localización, só se puido situar unha persoa, neste caso Francisco Calvín, Secretario da nosa Asociación, na fotografía.
A fonte -realmente un manancial, pois non ten cano que bote a auga- leva auga todo o ano, e así o puidemos comprobar na visita que fixemos ese día 16 de novembro, a pesar da seca que aflixe a toda á comarca desde hai meses.
A fonte, sólidamente construída, ten certos perigos que a ameazan: por un lado o derrubamento da terra que hai enriba da propia estrutura e ao longo do rego que sae da boca; por outro lado, a maleza que case impide a visión da boca, como se pode ver nas fotos. Afortunadamente, un dos veciños da zona, que traballa as terras cercanas limpia periodicamente a boca; por último, outro perigo que ten a fonte é o camiño de acceso, un camiño de servidume estreito, e este sí, ateigado de maleza.
O epónimo da fonte supónse debe ter relación co pazo de Brandaliz, situado nun lugar próximo, xa que a capela do pazo ten como advocación a dese santo, habitualmente representado erguendo unha espada.
Pazo de Brandaliz
cos fermosos xardíns que ten na finca


 Esta fonte, sinxela, humilde, forma parte do noso patrimonio; é o noso deber conservalo; non todo debe ser prestar atención ás grandes construccións, como unha igrexa, un pazo, unha ponte, unha torre. Elementos máis humildes como este merecen tamén a nosa atención. Hai que lembrar que hai 100 anos, por exemplo, os soportais das rúas compostelás, hoxe un dos signos distintivos da cidade eran mirados con desinterese, e incluso como fonte de contaminación, e destinados a eliminarse no marco de calquer reforma dos edificios. É un orgullo recordar que a man decisiva dun ortigueirés, Fermin Zelada, que foi alcalde de Ferrol e chegou a selo tamén de Santiago, cambiou a mirada que había sobre esas construccións.
Quen queira saber máis desta historia pode consultar o artigo "Fermín Zelada varela, un cariñés farmacéutico, alcalde de ferrol e alcalde accidental de Santiago", publicado no número 2 da Revista TERRAS DO ORTEGAL.
Máis alá desta cita, sería de interese que a administración municipal, o concello de Ortigueira, rehabilitase o entorno da fonte. Mentras tanto, como tampouco podemos agardar que as administracións públicas se ocupen de todo, tampouco sería mala idea que a cidadanía organizada constituise unha brigada de persoas interesadas na conservación do patrimonio para que -nunha mañá-  desbrozase a zona.
Sería seguir o exemplo da parroquia de Esmelle (Ferrol), que co PROXECTO ESMELLE  ten acadado tantos éxitos  na recuperación do patrimonio co esforzo dos veciños e o apoio das administracións.
Así sexa!
N capela do pazo, o altar presidido
pola imaxe de San Miguel

Ningún comentario:

Publicar un comentario