martes, 21 de xaneiro de 2014

Nace TERRAS DO ORTEGAL, Revista de Estudos Locais.

O primeiro número verá a luz o próximo xullo, dentro de 6 meses.











O pasado día 15 de xaneiro de 2014 realizouse en Ortigueira a constitución dunha nova asociación, que levara por nome “Asociación TERRAS DO ORTEGAL”. Nese mesmo acto realizouse a aprobación dos estatutos e a designación dunha Xunta Xestora, que levará a cabo os trámites habituais neste tipo de procesos, como inscripción no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia, solicitude de NIF ante a Axencia Tributaria, etc.
A asociación será quen repalde a publicación da revista de nome similar, que como o seu nome indica, pretende acoller artigos de persoas da Comarca ou sobre temas de interese para a mesma nun ámbito que irá da cultura á historia, pasando pola etnografía, ou as ciencias sociais, sempre cunha perspectiva aberta e non restrictiva
Por motivos de operatividade, a constitución da entidade foi realizada por tres dos promotores que presentaron o proxecto de forma pública na fundación Ortegalia o pasado 27 de decembro: Xosé María Torres, José Manuel Suarez Sandomingo, e José Manuel Bouzamayor, que resultaron designados Presidente, Secretario e Tesoureiro- Vicepresidente, respectivamente, da Xunta Xestora.
O compromiso é facer unha Asemblea Xeral no primeiro semestre deste ano, onde participen xa tanto as persoas que asistiron á reunión do 27 de decembro como as que se vaian sumando á proposta.
O equipo continua coa búsca de financiación e de contidos para o primeiro número da revista, cuxa maqueta e índice prevemos que se poida presentar xa publicamente en marzo ou abril deste ano 2014.


mércores, 8 de xaneiro de 2014

Presentación do proxecto dunha revista de estudos sobre a comarca do Ortegal

O pasado 27 de decembro de 2013 realizouse a presentación pública do proxecto dunha nova revista de estudos da comarca do Ortegal. Coa presenza dunhas 20 persoas, tres dos promotores (José Manuel Bouzamayor, José Manuel Suárez e Xosé María Torres) presentaron a orixe da proposta e as liñas mestras do que será a revista.

A idea é promover unha revista en formato libro, de regularidade semestral, que acolla traballos de divulgación e investigación de tipo cultural e histórico, cunha perspectiva ampla, con artigos que vaian desde a etnografía, movementos sociais, patrimonio, economía… sempre cunha perspectiva da comarca do Ortegal: Mañón, Ortigueira, Cariño, Cerdido e Cedeira, ou zonas colindantes